Principal areas preguntas frecuentes tablas salariais contacto afiliate


Máis noticias

Manifesto, Folga Xeral 29 de Setembro
1 de maio
10 de Marzo en Ferrol
8 de marzo
A baixa laboral non conta como descanso
As empresas non poden restrinxir o uso das horas médicas
eleccions unisono vigo
Eleccións Sykes Coruña
Eleccións Tragsatec-Lugo
gaceta sindical especial 19
Incremento salarial
manifestacion en Santiago dia 30
Manifesto
Negociacion convenio
Novo ERE en sykes
Retencions 2010
Rolda de prensa sobre a resolucion do ERE en Sykes
Sentenza PVD
¿Xubilación ós 67?











As Confederacións Sindicais de CCOO e UXT adoptamos a decisión de iniciar un proceso de mobilizacións, que culminará coa celebración dunha folga xeral o próximo 29 de setembro, para expresar o contundente rexeitamento dos traballadores e traballadoras deste país ás políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores decretadas polo Goberno, baixo o amparo e escusa de directrices europeas.

O Goberno español e os europeos defraudaron aos cidadáns a quen representan.

Os brutais axustes económicos que se están adoptando como terapias de choquepara saír da crises económica son inxustos socialmente, regresivos laboralmente e equivocados economicamente porque comprometen as posibilidades de crecemento económico e de creación
de emprego.

O Goberno español, ademais, emendouse a si mesmo provocando un xiro radical na súa política económica e social, que agora se orienta de forma clara, en primeiro lugar, a un severo recortedo gasto público que recae fundamentalmente sobre as costas dos traballadores e dos pensionistas. En segundo lugar, a unha redución do investimento público que freará o crecementoeconómico e a creación de emprego, e que terá como principais vítimas aos traballadoresen paro, e, en terceiro lugar, impón unha reforma laboral que elimina dereitos dos cidadáns nos seus postos de traballo.

 Tras unha actuación irresponsable das organizacións empresariais, centradas exclusivamente en obter réditos no abaratamento das condicións de traballo e o enfraquecemento dos traballadores, o Goberno optou por unha desregulación laboral que pode continuar con outros recortes sociais e laborais.

A reforma laboral:

-Non servirá para crear emprego.
-Non reducirá a dualidade do mercado laboral e aumentará a temporalidade.
-Facilita e abarata o despedimento, porque se amplían as causas para facelo máis fácil e redúcense os dereitos indemnizatorios dos traballadores.
-Reforza o poder empresarial para modificar unilateralmente as condicións de traballo (horarios, mobilidade xeográfica, funcional?).
-Debilita a negociación colectiva, facilitando ás empresas a adopción de medidas de descolgue salarial e inaplicación de compromisos adquiridos previamente nos convenios
colectivos.
-Privatiza a xestión do desemprego e amplía o campo de actuación das empresas de traballo temporal aos sectores de risco e ao emprego público.

En definitiva, o Goberno puxo o poder do Estado ao servizo de quenes esixen flexibilidade no mercado de traballo, e aínda así consideran esta reforma insuficiente, porque en realidade non queren máis flexibilidade, quérena toda. Cando se esixen menos cotizacións sociais, menos custo do despedimento, menos tutela xudicial, menos negociación colectiva, menos regulación da contratación, o que se está reclamando en realidade é a absoluta desregulación do mercado de traballo, ou a aplicación neste ámbito das políticas neoliberais que fracasaron estrepitosamente nos mercados financeiros, que son a causa desta crise e que nos abocarían a unha tercermundización laboral.

Rexeitamos as políticas practicadas polos gobernos da Unión Europea ao ditado dos mercados financeiros, os causantes da crise, e que agora expoñen as políticas de axuste á conta de reducir as condicións de vida e traballo da cidadanía europea.

Unha economía que non crea emprego non serve aos cidadáns, e uns gobernos que actúan contra os seus intereses tampouco. As organizacións sindicais non estamos dispostas a aceptar políticas
que se nos presentan como as únicas posibles, baseadas nun determinismo falso, e que non son máis que opcións do inmobilismo e a resignación.

Hai outras opcións e outras políticas. É necesario apostar por unha Europa máis social, na que as negociacións sociais deixen de estar sometidas ás forzas do mercado. E en España, UXT e CCOO convocamos unha folga xeral o 29 de setembro para esixir:

-Unha política que reduza o déficit público mediante o incremento dos ingresos e non mediante
a redución do gasto, e que planifique o cumprimento dos obxectivos de déficit do Pacto de Estabilidade e Crecemento da Unión Europea en prazos compatibles coa reactivación económica e a creación de emprego.
-A retirada dunha reforma laboral lesiva que facilita o despedimento e empeora as condicións
de traballo.
-Defender a negociación colectiva como marco de protección das condicións de traballo,
fronte aos intentos de atribuír ás empresas a capacidade de incumprir os acordos alcanzados
de forma unilateral.
-Defender o sistema público de pensións como eixo central do noso sistema de protección
social, e a súa adecuación á evolución social exclusivamente con acordo político e social.
-Unha nova política fiscal que reforce a estrutura de ingresos do Estado, recuperando impostos suprimidos e apostando por unha maior recadación baseada na progresividad fiscal; á vez que se combate con maior determinación e medios a fraude fiscal que lastra a nosa economía, que alcanzou taxas que practicamente duplican a media da Unión Europea.


NON ao despedimento máis fácil e barato
NON á temporalidade abusiva
NON a dar máis poder aos empresarios
NON á conxelación das pensións
NON aos recortes salariais e sociais


Ver en castelán
Gaceta sindical
Manifestación Santiago, día 30 de Xuño